luns, 25 de novembro de 2013

Manipulando as matemáticas.

   Nunca vos preguntáchedes que se debe ensinar das matemáticas?  por que teñen tantas dificultades o alumnado nesta competencia básica? Sabemos os mestres e profesores realmente os fundamentos das matemáticas que debemos ensinar? A universidade nos prepara para traballar a competencia matemática?...
   Estas son cuestións que estoume a facer mentres  penso nas miñas liñas de actuación co alumnado PROA que vou a impartir este curso.
   Teño unha cousa clara, necesitamos unhas matemáticas comprensibles, alonxadas da mecánica e polo tanto útiles. Nunca entendín a necesidade de ter que facer divisións de tres cifras, ou multiplicacións infinitas ou como non a raíz cuadrada... 
   Se reflexionamos, o único lugar onde son útiles estas habilidades son na escola.. Con esto non quero dicir que o alumnado non deba aprender a calcular, senón que non perdamos o tempo en aspectos inutiles fora da escola.
   Propoño que comencemos a manipular as matemáticas, os números, as súas relacións, a xeometría... 
   As regletas de cuisenaire , os ábacos ou as calculadoras son exemplos de materiais cos que traballar as matemáticas e poder tocalas, manipulalas e que o noso alumnado investigue por si mesmo as relacións entre números, os cálculos...

   Preséntovos algunhas páxinas onde queda reflexado o traballo das matemáticas con materiais manipulativos, ademais de poder ampliar esta idea que vos propoño.

C.E.I.P AGUAMANSA:
Tony Martín e os seus compañeiros fan un traballo increible coas matemáticas no seu centro.
 
 http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/edublogs/ceipaguamansa/
https://sites.google.com/site/ceipaguamansa/escritorio-de-trabajo/areas/matematicas/videos-matematicas


GRUPO CAPICUA
http://www.aulamatematica.com/Capicua/Capicua.htm

domingo, 20 de outubro de 2013

APRENDENDO.EU

A todos os que vos gusta as metodoloxías de traballo por proxectos, aos que non vos atrevedes con elas e incluso aos que as criticades. Recoméndovos que visitedes http://www.aprendendo.eu/.
É unha web onde se describen paso a paso e dunha maneira moi ben organizada, como levar a cabo un traballo de investigación utilizando as TIC.
Sinxela, ben distribuida, cos datos necesarios e sobre todo moi CLARIÑA.
Felicidades aos seus creadores polo seu traballo.

mércores, 7 de agosto de 2013

A imaxinación ao poder.

Moitas veces desbotamos as ideas do noso alumnado, simplemente porque son pequenos. Escoitar pode ser unha das grandes cualidades dun mestre. Preguntar e abrir os oidos as respostas do noso alumnado con liberdade seguro que fai que cheguemos a lugares increibles. Recordade que a súa imaxinación non está cortada polo mundo dos adulto.
Aquí tendes un exemplo un pouco radical, un rapaz que coa axuda de google, wikipedia, a súa imaxinación e a súa determinación, probablemente salvará milleiros de vida en todo o mundo.

martes, 4 de xuño de 2013

Outra vez...KEN ROBINSON.

Xa vos falei noutras ocasións de Sr Ken Robinson. Nesta ocasións quero presentarvos unha  conferencia  titulada "como escapar del valle de la muerte de la educación".

Entre outras ideas  explica que " os maestros son o alma do éxito das escolas" e que "ensinar é unha profesión creativa na que un bo maestro transmite, guia, estimula, provoca e involucra".  

Moitas das suas ideas deberían ser escoitadas e sobre todo levadas a práctica , como que " Fomentar o desenrolo profesional non é un gasto, é unha inversión. E todo país próspero o sabe".

 Cando teñades 20 minutiños recoméndovos que lle botedes un vistazo a esta charla, entretida e moi instructiva.

 

domingo, 19 de maio de 2013

PIXTON, crear comics .

Os comics son una forma  ideal de comunicación para os nenos, incluen textos sinxelos e imaxenes. Para min a hora de aplicar nas clases sempre tiñan o inconveniente dos debuxos. En moitas ocasions o alumnado non debuxa ben, utilizar imaxenes de revistas resulta dificil atopar o que un quere e rematas facendo a historia en función das imaxenes e das posturas.
O mes pasado nas I xornadas para coordinadores abalar descubrin esta aplicación online, pixton.
Pixton é unha sinxela pero moi poderosa aplicación para crear comics e logo publicalos. Ten multitude de personaxes, aos cales , aquí ben a novidadade, permite mover, colocar en diferentes posturas e por suposto cambiar expresións faciais, colores...
Ten multitude de plantillas predeterminadas, aínda que podemos crearalas ao noso gusto.


Proposta didactica: O alumnado en pequenos grupos poden crear un guión dunha temática proporcionada polo profe (social, deportiva, dunha nova ou acontecemento...), e logo crear o comic en PIXTON. Non olvidedes que o principal é o proceso, como facer un guión, como contar unha historia, escoitar as opinións dos compañeiros, organizarse no proceso de creación, ter diferentes papeis dentro do grupo e cumplir cada un co que lle toque, procurar un resultado no que se comunique o que se pretende...

martes, 14 de maio de 2013

Animacións en 2D

As veces é necesario sorprender ao alumnado para que preste atención. Unha posibilidade é facer unha pequena animación. Wideo é unha plataforma online que permite a realización das nosas animacións en 2D sen necesidade de ter coñecementos técnicos, permitindo usar e subir figuras, animar personaxes, fondos, engadir sons ou a nosa propia voz...









Unha idea é que eles mesmos fagan as súas propias animacións, en grupiños, poden escribir un conto, crear os diálogos, debatir como se debe mover os personaxes, como debe ser o diálogo e crear unha animación....
Que vos parece? 


Aquí tendes un titorial

sábado, 6 de abril de 2013

Uso das novas tecnoloxías por idades.



A partires dos 9 anos.
Comeza a navegar por internet. Débese ensinar o uso das ferramentas e  mostrarlle as limitación e os perigos. E mostar as tres regras básicas de internet:
  • Todo o que se publica na rede é de dominio público.
  • Todo o que se publica vai permanecer alí PARA SEMPRE.
  • Todo o que atopemos en internet debe cuestionarse e necesita corroborarse con outras fontes.
A partires dos 12 anos.
O neno xa pode navegar só por internet pero non todo o tempo e nunca na súa habitación. Débese establecer controis horarios e de vez en cando botar un vistazo ao que está a facer. Outra das recomendacións é que se alternen momentos de socialización familar (falar coa familia)  con momentos de conexión,  pero nunca debe permitirse a coexistencia das charlas familiares e ao mesmo tempo estar conectado a rede.
É recomendable comer libre de telefono móbil e TV, os pais tamén.

Espero que vos sexa de utilidade.
Fonte:Xarxatic 

sábado, 9 de marzo de 2013

Nubes cargadiñas de datos




   Cada vez mais a “nube” cobra maior importancia nas nosas vidas tecnolóxicas. Xa fai un tempo que podemos traballar con moitas aplicacións “online” como si traballásemos en local no noso equipo.

Hoxe imos a falar do almacenamento na nube. Existen moitas formas de gardar os nosos arquivos nun espazo virtual na internet. Vexámos catro delas.




     


  Teño que confesar que esta utilidade encántame. Ten unha versión de pago e outra gratuíta.

Se nos decidimos pola versión gratuíta contamos con 2 gb de capacidade inicial, pero con múltiples formas de ir aumentando a súa capacidade.  O servizo permite almacenar e sincronizar arquivos entre diferentes dispositivos, compartir arquivos e carpetas con outros usuarios e ata funcionar como un servidor web.

Dropbox permite deixar calquer arquivo nunha carpeta , ese arquivo é sincronizado na nube e o mellor de todo, en todas as computadoras onde teñamos instalado o dropbox. Os arquivos  na carpeta de dropbox poden ser compartidos con outros usuarios ou ben descargados cun enlace de descarga directa.

  • Analise.

Ten pouca capacidade, pero esta pode ser ampliada dunha maneira sinxela.

A capacidade de sincronización automática entre equipos e maravillosa. Imaxinade poder traballar nun documento na casa e ao chegar ao traballo poder dispoñer del, seguir modificando ou imprimilo sen problema algún.

Pódese ter acceso aos arquivos dende o ordenador se temos instalados o cliente de dropbox  ou a través do navegador web.






O sitio de Kim Dotcom, o creador de megaupload. A conta básica e gratuíta ten 50 gb, ALUCINNATE. Isto pode romper a todos os demais sitios de almacenaxe.





  • Analise.

Trátase dun servizo de almacenamento moi recente, as funcionalidades básicas non están moi claras. Polo que teño probado para traballar con el vía web recoméndovos utilizar Google Chrome. Co resto de navegadores producense bastantes erros na súbida.






  É a opción de Google. Substitúe a Google Docs e amplía as funionalidades. Ofrece 5 gb de almacenamento gratuíto, se queremos ampliar esta cuota é necesario pagar.



  • Analise.

Simplemente é unha mellora do gran Google Docs, permitindo a edición en liña e ampliando as plataformas chegando a Android.

Como é de supoñer integrase perfectamente en Gmail ou G+.

Moi recomendable, sobre todo polas funcionalidades de edición e a creación dos incribles formularios, agora con plantillas. Ideal para facer enquisas nos centro.





 

É a gran descoñecida. Pero seguramente a mais creativa e completa. Xa que non so permite arquivar e compartir materiais senón que tamén admite  contido online ( direccións web, blogs, youtube, flickrs…).

A forma de almacenar é moi visual, e permite crear o que eles chaman “píldoras de conocimiento” para compartir con todo o mundo ou de maneira máis privativa.

Outra característica que a fai diferente é que esta feita en España.


domingo, 24 de febreiro de 2013

KEN ROBINSON

Presentovos uns de vídeos,  de unhas conferencias nas que participou Sir Ken Robinson  un educador, escritor e conferenciante británico, experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a  innovación e os recuros humáns.

Invitovos a escoitar e reflexionar.









sábado, 16 de febreiro de 2013

PREZI, presentacións impresionantes

Prezi é unha aplicación web que nos permite entre outras cousas, facer presentacións con contido multimedia impresionantes.



Deixovos un pequeno exemplo. As posibilidades son enormes, poden insertarse todo tipo de contidos multimedia, poden crearse movementos na pantalla. Visitade PREZI, rexistrádevos é probádeo.

domingo, 10 de febreiro de 2013

A LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN

Estamos nunha sociedade moi globalizada, o ensino dos idiomas cada día ten maior importancia. Pois ademais do galego, o castelán, o inglés ou o tan nomeado nestes tempos alemán, hai outro tipo de idiomas que están collendo moita importancia son as linguaxes de programación.
Preséntovos  uns recursos gratuitos para introducir aos vosos alumnos e a vos meesmos neste mundillo tan interesante.

Comezo polo meu favorito.

Scratch

Scratch

 Trátase dun entorno de programación preparado para crear animacións e xogos. Funciona como si fose un puzzle con caixóns de cores. Pero o mellor e velo funcionando neste enlace podedes ver un curso detallado do mesmo.

Codecademy

Después de la Escuela   Codecademy

É unha plataforma educativa a través de módulos de aprendizaxe . Entre eses módulos podemos atopar específicos para pais e maestros. É unha oportunidade ideal para aprender a o mesmo tempo cos vosos fillos ou alumnos.

Kodu

Kodu


Para os amigos de Microsoft , presétovos unha aplicación na que os mais pequenos poden crear mundos virtuais e ata videoxogos completos sen necesidade de usar código.




  Crunchzilla

Code Monster from Crunchzilla
Por último móstrovos esta aplicación diseñada para nenos. Con ela aprenderan a linguaxe Javascript  coa axuda dun mounstruo que os guiará, ensinará e informará sobre as posibilidades desta linguaxe.
Fonte:wwwhatsnews.com

sábado, 9 de febreiro de 2013

Miguel Ángel Santos Guerra

Ola tod@s,
hoxe sábado estaba a ler un artigo do profesor Miguel Ángel Santos Guerra que publica na Opinión de Malaga e nos seu blog "el Aldarve"....
Como casi sempre fainos reflexionar sobre a nosa profesión. Premede na imaxe para consultalo.


martes, 5 de febreiro de 2013

TICHING


     Dentro desta denominación peculiar podemos atopar un buscador de contidos dixitais educativos
     É unha comunidade educativa na que poder intercambiar aplicacións, vídeos, etc. Sempre con caracter educativo.


O primeiro paso que temos que facer é rexistrarnos e crear o noso perfil. A partires dese momento podemos facer tres cousas:

  • Buscar e sobre todo atopar contidos que necesitas.
  • Gardar os contidos na túa biblioteca para utilizalos na aula ou na casa.
  • Conectar con outras persoas da comunidade e compartir experiencias.

domingo, 3 de febreiro de 2013

AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Howard Gadner , psicólogo, investigador e profesor na universidade de Harvard, revolucionou o paradigma educativo coa súa teoría das intelixencias múltiples, para el a intelixencia é a capacide de resolver problemas e/ou elaborar productos que sexan valionsos nunha ou en varias culturas.
Para Gadner as intelixencias multiples non son unha con diferentes capacidades específicas, senon que distintas e independentes.
Podedes comprobalo na entrevista que Eduardo Punset lle fixo en redes.



No Colexio Monserrat, centro punteiro na innovación educativa puxeron en práctica estas teorías....


martes, 22 de xaneiro de 2013

APRENDER MATEMÁTICAS

       Acabo de atopar unha web moi interesante para o ensino e aprendizaxe das matemáticas dende os 2 anos en adiante.
Visitádea seguro que atopades ideas útiles.

domingo, 20 de xaneiro de 2013

A expresión oral na escola.

      A competencia lingüística é básica para o desenvolvemento do resto das competencias básicas das que nos fala o currículo.
     O traballo dos mestres e profesores céntrase na maoiría dos casos na  expresión e comprensión escrita, deixando de lado unha parte da comunicación, a fala.Por exemplo nas avaliacións diagnóstico tense en conta a expresión e comprensión escrita e a comprensión oral pero non a expresión.
     Ao alumnado pídeselle que permaneza en silencio, que fale cando llo indiquen e para contestar cuestións concretas... Pero a sociedade pide profesionais capaces de expresar as súas ideas, de vendelas ... Para poder expresarse fai falla o dominio dun abanico de ferramentas que lle permitan interactuar co medio que lles rodea e ao mesmo tempo adquirir novos coñecementos.

Hoxe preséntovos unha aplicación que pode axudar a traballar a expresión oral. O seu nome é SPREAKER. Grazas a ela podemos facer actividades globalizadas, motivantes e que nos axudarán a desenvolver as habilidades expresivas do noso alumnado.


Esta aplicación permitenos facer o noso propio programa de radio sen ter que dispoñer dun equipamento específico. Spreaker permite grabar podcast para logo emitilos ou incluso poderemos facer programas de radio en directo.



Si temos conta de Facebook, o proceso de rexistro faise moi sinxelo xa que incorpora Facebook Connect. Aproveitando a rede social Spreaker vai ter o camiño feito para poder compartir as creacións (SINERXÍA).
Unha vez rexistrados , accedemos ao escritorio e prememos en "Transmite". Poñemos o nome do noso protama e seleccionamos a rede social pola que queremos compartir o noso podcast.









   A partir deste momento o programa simula unha mesa de control de son, coa que podemos capturar o son do micro do ordenador e mezclalo coa música.




        Provádea, estou seguro que podedes aproveitala para facer clases globalizadas  e moi atractivas para os voso alumnado.
Deixovos un titorial no que podedes ampliar a información .




venres, 18 de xaneiro de 2013

O teu propio xornal dixital.

    Preséntovos unha aplicación fantástica. En moi pouco tempo e grazas a forma particular de indexar as novas de Paper.li   poderemos crear o noso xornal con seccións ( pode haber 19) . 
Esta aplicación funciona a través de enlaces , fotos ou vídeos da conta de Twitter ou Facebook asociada, e de outras engadidas.
Pódese configurar a periodicidade, diaria, semanal...
Con moi pouco traballo consiguese moito.