mércores, 5 de outubro de 2016

DEZ días sen internet no centro.

O meu centro de traballo está situado nunha zona rural, somos un CPI que nos últimos tempos adicamos unha boa parte do noso presuposto a dotar o centro dun equipamento TIC para mellorar o ensino. Si señores, nós somos os que tivemos que mercar ordenadores xa que a Xunta o único que envia é o equipamento abalar.  Porque somos Abalar, 8 aulas abalar. En total uns 300 equipos poden conectarse a nosa rede.  Uns 400 aparellos que temos que manter 2 persoas no centro a cambio de 3 horiñas cada un(creo que na empresa privada cobraríamos algo mais).

Imaxinaredes que temos unha velocidade moi boa, fibra, 200 ou 300 mb, je je. Claro que non, tiramos con 30 mb nos mellor dos casos. Pero... nos últimos DEZ días non temos internet( 0,8 mb).
DEZ días que sen internet, DEZ días coa parte administrativa parada, DEZ días sen poder enviar documentación por vía telemática, DEZ días sen poder utilizar os libros online, DEZ días sen poder traballar parte da programación porque non temos acceso a internet. DEZ días son moi longos, pero para os responsables non o deben ser. Non importa ter un centro parado, non importa facer perder o tempo aos profesionais do ensino, nin aos alumnos, nin as familias. Non importa nada, pero cando nos pidan a documentación van a querela XA.
Nos últimos 10 días a UAC, recibe como mínimo unha chamada diaria de algún membro do equipo directivo, durante eses DEZ días a resposta foi a mesma. Sodes prioridade 1, aviso aos responsables.
A administración sempre nos pide máis aos centros, pero poucas veces loita por nós.
Por certo, os responsables son EMPRESAS PRIVADAS, para os que sempre falan do mal que funcióna o público.


venres, 2 de setembro de 2016

Libros de Texto.

Un libro de texto é un documento bibliográfico que se utiliza como guia nun centro educativo. Esa é unha das primeiras deficinións que podes atopar en google. Válida, sinxela e clara.
Efectivamen os libros de texto  podense usar como guía nos centros ou como apoio. Nalgúnhas ocasións ese apoio transfórmase en obriga. Obriga para rematalo, cumplir con todo o que pon e demostrar que estou cumprindo co currículo sinxelamente seguindo paso por paso o que dí o libro. Transfórmase logo o libro de texto nun libro sagrado, nun documento coa verdade absoluta, incluso nun corsé do que non  pode escapar ninguén.
É chegados a ese punto xurden os problemas, cando o obxectivo é rematar un libro, xa pasan a segundo plano os outros obxectivos e é mais importante facer correctamente os exercicios de completa con adxetivos que a utilización da lingua que fan os nosos alumnos.Cando o mestre se empecina en primar a gramática ( pouco aparece dela no currículo en primaria) sobre a identificación da ideas principais e secundarias de diferentes tipos de textos.Cando chegamos a clase e dicimos " abride o libro pola páxina 15 lede a 15 e a 16 e facede os exercicios 1,2,3,4,5,6,7,8,9 da páxina 18"  non estamos a facer a labor dun mestre porque non hai ensino, non hai emoción e as aprendizaxes, as verdadeiras aprendizaxes van da man das emocións. deixamos de preguntarnos que nos dí o currículo e pensamos que é o que ben no libro.  Cando acontecen cousas parecidas as comentadas, deixamos de ser mestres e somos robots.
En definitiva, non deberíamos pasar a barreira de utilización do libro como guía ou apoio, para non deixar de ensinar. 
Por iso penso, que os libros de texto  son unha moi boa ferramenta pero debemos de deixar de ser dependentes dos libros tanto alumnos, pais/nais/titores e profesores perxudica o ensino coma profesores.


martes, 12 de xullo de 2016

Ser mestre todo un privilexio...ou non.

Miren ustedes, dende que teño uso de razón escoitei que os mestres eran uns privilexiados, que teñen 3 meses de vacacións, que cobrán un pastón, que é un traballo moi cómodo...
A mín sempre me gustou aprender e tamén ensinar, dende moi pequeno e penso que por iso pelexei moito por ser mestre.
Traballei de peón, librieiro, dependente, transportista e algunha cousiña máis. E asegúrovos que a profesión de mestre é das máis duras. Un mestre ben entendido traballa moitas horas, dende logo non chegan as 37,5 h  semanais que marca a lexislación, moitos seguro que non me creedes. Preparación de programacións, avaliación do alumnado, avaliación da práctica docente, formación, creación de materiais, traballo de innovación, atención de pais, atención de alumnado con NEAE, adaptar as clases para unha atención individualizada do alumnado, traballar con escasez de materiais, realización de informes para familiares, inspección educativa, dirección do centro, titorización, dinamización da biblioteca, planificación, execución e dinamización de activiades extraescolares e complementarias, mantenimiento de equipos informáticos, dinamización das TIC no centro, mantenimiento de webs, dinamización da lingua galega ou mantemento da convivencia escolar son algunhas dos traballos que fai un mestre.
Hoxe en día temos que engadir que unha parte do profesorado parece que so sabe criticar o traballo dos seus compañeiros, eses intentos por cambiar a forma de ensinar, de atopar camiños alternativos de aprendizaxe, sin outro afan de non quedar "mal" entre a comunidade educativa.
Como non, tamén os pais están a someternos a unha presión, moitas veces insoportable, xa que todo vale con tal de obter un aprobado para o seu fillo, amenazas, coaccións, mentiras, grupos de whatsapp nos que se dín  auténticas barbaridades... Non lles importa o aprendizaxe dos seus fillos, tan só unha nota no seu expediente académico.
Da administración educativa, inspección e política educativa en xeral non vou a falar hoxe. Pero si teño que dicir que a falta de planificación é enorme, o aumento da burocracia é bestial e a desvinculación coa realidade resulta increible.
Mirade ao voso arredor e ao mellor ser mestre non é un privilexio pero a min ENCÁNTAME.

sábado, 6 de febreiro de 2016

PROGRAMAME. Por fin algo útil.


Óscar Abilleira, é un deses mestres coas ideas claras, coñecementos de informática e moitas gañas de traballar. Fálovos del porque o outro día asistín a unha charla e ademais de maravillarme a súa disposición, a súa claridade de ideas e o seu oficio. Sempre digo que da gusto asistir a unha charla cando o ponente transmite o seu amor polo traballo ben feito.

Falo de Óscar para comentar unha das súas aplicacións estrelas, PROGRAMAME. Unha aplicación sinxela na concepción, fácil de usar, chea de posibilidades pero sobre todo, moi útil para realizar unha das labores mais tediosas e moitas veces burocráticas dos mestres, a programación.

PROGRAMAME, non só aforra tempo, axuda a reflexionar, a ordear ideas, a deseñar UDIS ou tarefas integradas, incluso a avaliar.

A aplicación accedese a traves da web www.recursoseducativos.net, e tras un rexistro sinxelo xa podes empezar a traballar en PROGRAMAME. Que non sabes por onde empezar?, tranquilos hai un titorial bastante completo, ademais mandando un correo a info@recursoseducativos.net ides recibir apoio, e tamén podedes propoñer melloras ou colaborar con Óscar.

Nótase que é un mestre de infantil quen creou a aplicación, a organización, a facilidade de uso, ese compoñente de cariño que so os mestres e mestras de infantil dan nas súas aulas aparecen en PROGRAMAME. Mentres moitos mestres escapamos para non ir nin a unha substitución a educación infantil, eles enfrentanse aos problemas con facilidade pasmosa, sinxeleza e cariño.

Pois iso e PROGRAMAME, unha aplicación feita para enfrentarse a un problema de maneira fácil, de forma sinxela e con moito cariño.

Probádeo, e veredes que funciona moi ben.

GRAZAS ÓSCAR, necesitábamos algo así.