sábado, 6 de febreiro de 2016

PROGRAMAME. Por fin algo útil.


Óscar Abilleira, é un deses mestres coas ideas claras, coñecementos de informática e moitas gañas de traballar. Fálovos del porque o outro día asistín a unha charla e ademais de maravillarme a súa disposición, a súa claridade de ideas e o seu oficio. Sempre digo que da gusto asistir a unha charla cando o ponente transmite o seu amor polo traballo ben feito.

Falo de Óscar para comentar unha das súas aplicacións estrelas, PROGRAMAME. Unha aplicación sinxela na concepción, fácil de usar, chea de posibilidades pero sobre todo, moi útil para realizar unha das labores mais tediosas e moitas veces burocráticas dos mestres, a programación.

PROGRAMAME, non só aforra tempo, axuda a reflexionar, a ordear ideas, a deseñar UDIS ou tarefas integradas, incluso a avaliar.

A aplicación accedese a traves da web www.recursoseducativos.net, e tras un rexistro sinxelo xa podes empezar a traballar en PROGRAMAME. Que non sabes por onde empezar?, tranquilos hai un titorial bastante completo, ademais mandando un correo a info@recursoseducativos.net ides recibir apoio, e tamén podedes propoñer melloras ou colaborar con Óscar.

Nótase que é un mestre de infantil quen creou a aplicación, a organización, a facilidade de uso, ese compoñente de cariño que so os mestres e mestras de infantil dan nas súas aulas aparecen en PROGRAMAME. Mentres moitos mestres escapamos para non ir nin a unha substitución a educación infantil, eles enfrentanse aos problemas con facilidade pasmosa, sinxeleza e cariño.

Pois iso e PROGRAMAME, unha aplicación feita para enfrentarse a un problema de maneira fácil, de forma sinxela e con moito cariño.

Probádeo, e veredes que funciona moi ben.

GRAZAS ÓSCAR, necesitábamos algo así.