martes, 5 de febreiro de 2013

TICHING


     Dentro desta denominación peculiar podemos atopar un buscador de contidos dixitais educativos. 
     É unha comunidade educativa na que poder intercambiar aplicacións, vídeos, etc. Sempre con caracter educativo.


O primeiro paso que temos que facer é rexistrarnos e crear o noso perfil. A partires dese momento podemos facer tres cousas:

  • Buscar e sobre todo atopar contidos que necesitas.
  • Gardar os contidos na túa biblioteca para utilizalos na aula ou na casa.
  • Conectar con outras persoas da comunidade e compartir experiencias.

domingo, 3 de febreiro de 2013

AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Howard Gadner , psicólogo, investigador e profesor na universidade de Harvard, revolucionou o paradigma educativo coa súa teoría das intelixencias múltiples, para el a intelixencia é a capacide de resolver problemas e/ou elaborar productos que sexan valionsos nunha ou en varias culturas.
Para Gadner as intelixencias multiples non son unha con diferentes capacidades específicas, senon que distintas e independentes.
Podedes comprobalo na entrevista que Eduardo Punset lle fixo en redes.



No Colexio Monserrat, centro punteiro na innovación educativa puxeron en práctica estas teorías....


martes, 22 de xaneiro de 2013

APRENDER MATEMÁTICAS

       Acabo de atopar unha web moi interesante para o ensino e aprendizaxe das matemáticas dende os 2 anos en adiante.
Visitádea seguro que atopades ideas útiles.

domingo, 20 de xaneiro de 2013

A expresión oral na escola.

      A competencia lingüística é básica para o desenvolvemento do resto das competencias básicas das que nos fala o currículo.
     O traballo dos mestres e profesores céntrase na maoiría dos casos na  expresión e comprensión escrita, deixando de lado unha parte da comunicación, a fala.Por exemplo nas avaliacións diagnóstico tense en conta a expresión e comprensión escrita e a comprensión oral pero non a expresión.
     Ao alumnado pídeselle que permaneza en silencio, que fale cando llo indiquen e para contestar cuestións concretas... Pero a sociedade pide profesionais capaces de expresar as súas ideas, de vendelas ... Para poder expresarse fai falla o dominio dun abanico de ferramentas que lle permitan interactuar co medio que lles rodea e ao mesmo tempo adquirir novos coñecementos.

Hoxe preséntovos unha aplicación que pode axudar a traballar a expresión oral. O seu nome é SPREAKER. Grazas a ela podemos facer actividades globalizadas, motivantes e que nos axudarán a desenvolver as habilidades expresivas do noso alumnado.


Esta aplicación permitenos facer o noso propio programa de radio sen ter que dispoñer dun equipamento específico. Spreaker permite grabar podcast para logo emitilos ou incluso poderemos facer programas de radio en directo.



Si temos conta de Facebook, o proceso de rexistro faise moi sinxelo xa que incorpora Facebook Connect. Aproveitando a rede social Spreaker vai ter o camiño feito para poder compartir as creacións (SINERXÍA).
Unha vez rexistrados , accedemos ao escritorio e prememos en "Transmite". Poñemos o nome do noso protama e seleccionamos a rede social pola que queremos compartir o noso podcast.









   A partir deste momento o programa simula unha mesa de control de son, coa que podemos capturar o son do micro do ordenador e mezclalo coa música.




        Provádea, estou seguro que podedes aproveitala para facer clases globalizadas  e moi atractivas para os voso alumnado.
Deixovos un titorial no que podedes ampliar a información .




venres, 18 de xaneiro de 2013

O teu propio xornal dixital.

    Preséntovos unha aplicación fantástica. En moi pouco tempo e grazas a forma particular de indexar as novas de Paper.li   poderemos crear o noso xornal con seccións ( pode haber 19) . 
Esta aplicación funciona a través de enlaces , fotos ou vídeos da conta de Twitter ou Facebook asociada, e de outras engadidas.
Pódese configurar a periodicidade, diaria, semanal...
Con moi pouco traballo consiguese moito.