Amosando publicacións coa etiqueta ABALAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ABALAR. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de outubro de 2013

APRENDENDO.EU

A todos os que vos gusta as metodoloxías de traballo por proxectos, aos que non vos atrevedes con elas e incluso aos que as criticades. Recoméndovos que visitedes http://www.aprendendo.eu/.
É unha web onde se describen paso a paso e dunha maneira moi ben organizada, como levar a cabo un traballo de investigación utilizando as TIC.
Sinxela, ben distribuida, cos datos necesarios e sobre todo moi CLARIÑA.
Felicidades aos seus creadores polo seu traballo.

domingo, 30 de decembro de 2012

Creación de materiais para Smart Board online.

Creación e edición online de materiais do software da Smart

  Para poder elaborar e modificar arquivos para usar na pizarra dixital, podemos utilizar esta aplicación web online.Todo un paso para non ter que instalar en todos os ordenadores que utilizamos o software da Smart Board.


venres, 14 de decembro de 2012

FREEMIND. Uso básico


Freemind é unha aplicación diseñada para a creación de mapas conceptuais. Trátase dun programa libre e multiplataforma, o que nos permite poder instalalo en LINUX, en WINDOWS ou MAC , segundo as nosas preferencias.

Pódedes descargalo dende aquí.
  Aquí tendes un exemplo que explica o uso básico desta aplicación.


                              Premede na volvoreta para ir ao titorial


E como non, un vídeo titorial.





Se queredes profundizar mais na aplicación déixovos un manual.

Manuais( writer, impress e freemind)

Grazas a un compañeiro do centro ( Miguel), poño a vosa disposición unha serie de manuais bastante interesantes.

martes, 11 de decembro de 2012

Aplicacións instaladas nos equipos Abalar 2.0

 Neste documento dispoñedes de unha pequena explicación das diferentes ferramentas que están a nosa disposición nos equipamentos ABALAR. "maqueta 2.0".
 Este documento amosa básicamente as posibilidades das aplicacións instaladas, que se usarán dependendo da modalidade disciplinar impartida. Non é necesario coñecelas todas, o interesante é ter unha idea das posibilidades da seu uso educativo.