martes, 22 de xaneiro de 2013
domingo, 20 de xaneiro de 2013
A expresión oral na escola.
A competencia lingüística é básica para o desenvolvemento do resto das competencias básicas das que nos fala o currículo.
O traballo dos mestres e profesores céntrase na maoiría dos casos na expresión e comprensión escrita, deixando de lado unha parte da comunicación, a fala.Por exemplo nas avaliacións diagnóstico tense en conta a expresión e comprensión escrita e a comprensión oral pero non a expresión.
Ao alumnado pídeselle que permaneza en silencio, que fale cando llo indiquen e para contestar cuestións concretas... Pero a sociedade pide profesionais capaces de expresar as súas ideas, de vendelas ... Para poder expresarse fai falla o dominio dun abanico de ferramentas que lle permitan interactuar co medio que lles rodea e ao mesmo tempo adquirir novos coñecementos.
Hoxe preséntovos unha aplicación que pode axudar a traballar a expresión oral. O seu nome é SPREAKER. Grazas a ela podemos facer actividades globalizadas, motivantes e que nos axudarán a desenvolver as habilidades expresivas do noso alumnado.
Esta aplicación permitenos facer o noso propio programa de radio sen ter que dispoñer dun equipamento específico. Spreaker permite grabar podcast para logo emitilos ou incluso poderemos facer programas de radio en directo.
Si temos conta de Facebook, o proceso de rexistro faise moi sinxelo xa que incorpora Facebook Connect. Aproveitando a rede social Spreaker vai ter o camiño feito para poder compartir as creacións (SINERXÍA).
Unha vez rexistrados , accedemos ao escritorio e prememos en "Transmite". Poñemos o nome do noso protama e seleccionamos a rede social pola que queremos compartir o noso podcast.
A partir deste momento o programa simula unha mesa de control de son, coa que podemos capturar o son do micro do ordenador e mezclalo coa música.
Provádea, estou seguro que podedes aproveitala para facer clases globalizadas e moi atractivas para os voso alumnado.
Deixovos un titorial no que podedes ampliar a información .
Tutorial español from Spreaker
Etiquetas:
2.0,
aplicacións,
competencia lingüística,
educacion,
manuais,
recursos,
TIC
venres, 18 de xaneiro de 2013
O teu propio xornal dixital.
Esta aplicación funciona a través de enlaces , fotos ou vídeos da conta de Twitter ou Facebook asociada, e de outras engadidas.
Pódese configurar a periodicidade, diaria, semanal...
Con moi pouco traballo consiguese moito.
luns, 7 de xaneiro de 2013
Onde descargar actividades para pizarra dixital?
Existen moitas actividades
a nosa disposición na rede, aquí tendes unha pequena selección de
espazos onde podemos atopar actividades para a pizarra dixital que
podemos descargar libremente:
Etiquetas:
ABALAR,
aplicacións,
EDI,
recursos,
smart board,
TIC
venres, 4 de xaneiro de 2013
E.D.I. ABALAR
A continuación dispoñedes dunha serie de videotitoriais sobre o funcionamento do E.D.I. Smart Board :
Capítulo 1: Visión xeral do software Smart Board.
Capítulo 2: Ferramentas flotantes.
Capítulo 3: Ferrametas: Rotulador, rotulador artístico, borrador e creador de liñas.
Capítulo 4: Ferramentas: Recoñecedor de formas.
Capítulo 5: Feramentas.Rotulador máxico.
Capítulo 6: Ferramenta: Texto
Capítulo 7: Ferramenta taboas
Capítulo 8: Ferramentas: Captura de pantalla.
Capítulo 9: Ferramentas: sombra de pantalla e pantalla completa
Capítulo 10: Barra de ferramentas lateral.
Capítulo 11: Inserir arquivos.
Capítulo 12: Creación de actividades flash
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)