A competencia lingüística é básica para o desenvolvemento do resto das competencias básicas das que nos fala o currículo.
O traballo dos mestres e profesores céntrase na maoiría dos casos na expresión e comprensión escrita, deixando de lado unha parte da comunicación, a fala.Por exemplo nas avaliacións diagnóstico tense en conta a expresión e comprensión escrita e a comprensión oral pero non a expresión.
Ao alumnado pídeselle que permaneza en silencio, que fale cando llo indiquen e para contestar cuestións concretas... Pero a sociedade pide profesionais capaces de expresar as súas ideas, de vendelas ... Para poder expresarse fai falla o dominio dun abanico de ferramentas que lle permitan interactuar co medio que lles rodea e ao mesmo tempo adquirir novos coñecementos.

Esta aplicación permitenos facer o noso propio programa de radio sen ter que dispoñer dun equipamento específico. Spreaker permite grabar podcast para logo emitilos ou incluso poderemos facer programas de radio en directo.

Si temos conta de Facebook, o proceso de rexistro faise moi sinxelo xa que incorpora Facebook Connect. Aproveitando a rede social Spreaker vai ter o camiño feito para poder compartir as creacións (SINERXÍA).



Provádea, estou seguro que podedes aproveitala para facer clases globalizadas e moi atractivas para os voso alumnado.
Deixovos un titorial no que podedes ampliar a información .
Tutorial español from Spreaker
Compañero Mateo : la idea me parece estupenda pero haría falta ponerla en práctica e ir aprendiendo algunos pasos para tener una radio-escolar y llevarlo a la práctica. Personalmente a mi me gusta pero claro me falta mucho para aprender , todavía estoy en ¨pañales ¨
ResponderEliminar