martes, 12 de xullo de 2016

Ser mestre todo un privilexio...ou non.

Miren ustedes, dende que teño uso de razón escoitei que os mestres eran uns privilexiados, que teñen 3 meses de vacacións, que cobrán un pastón, que é un traballo moi cómodo...
A mín sempre me gustou aprender e tamén ensinar, dende moi pequeno e penso que por iso pelexei moito por ser mestre.
Traballei de peón, librieiro, dependente, transportista e algunha cousiña máis. E asegúrovos que a profesión de mestre é das máis duras. Un mestre ben entendido traballa moitas horas, dende logo non chegan as 37,5 h  semanais que marca a lexislación, moitos seguro que non me creedes. Preparación de programacións, avaliación do alumnado, avaliación da práctica docente, formación, creación de materiais, traballo de innovación, atención de pais, atención de alumnado con NEAE, adaptar as clases para unha atención individualizada do alumnado, traballar con escasez de materiais, realización de informes para familiares, inspección educativa, dirección do centro, titorización, dinamización da biblioteca, planificación, execución e dinamización de activiades extraescolares e complementarias, mantenimiento de equipos informáticos, dinamización das TIC no centro, mantenimiento de webs, dinamización da lingua galega ou mantemento da convivencia escolar son algunhas dos traballos que fai un mestre.
Hoxe en día temos que engadir que unha parte do profesorado parece que so sabe criticar o traballo dos seus compañeiros, eses intentos por cambiar a forma de ensinar, de atopar camiños alternativos de aprendizaxe, sin outro afan de non quedar "mal" entre a comunidade educativa.
Como non, tamén os pais están a someternos a unha presión, moitas veces insoportable, xa que todo vale con tal de obter un aprobado para o seu fillo, amenazas, coaccións, mentiras, grupos de whatsapp nos que se dín  auténticas barbaridades... Non lles importa o aprendizaxe dos seus fillos, tan só unha nota no seu expediente académico.
Da administración educativa, inspección e política educativa en xeral non vou a falar hoxe. Pero si teño que dicir que a falta de planificación é enorme, o aumento da burocracia é bestial e a desvinculación coa realidade resulta increible.
Mirade ao voso arredor e ao mellor ser mestre non é un privilexio pero a min ENCÁNTAME.