APLICACIÓNS WEB

  Knovio é una  fantástica ferramenta que permite realizar presentación s usando o vídeo como protagonista.
A idea é poder mostrar un vídeo e unha presentación d e forma simultánea , sincronizando o momentos para que apareza o contido adecuado que desexemos.

É unha web que nos permite aloxar os nosos pdf, revistas do cole, manuais, dandolle unha presentación preciosa como si fose un libro ou revista e poidésemos pasar as páxinas. Logo con copiar o código html ( embed)  e inserilo na nosa web xa está a nosa disposición no noso Blog...
                        Ademáis podemos consultar outras publicacións que ten a web en diferentes idiomas.

Gustaríache  ter unha presentación de diapositivas no teu blog. Nesta web podes atopar moitísimas e se queres podes subir a túa. Coma case sempre  insires no Blog co código html que obtés. A presentación e simple pero moitas veces o que necesitamos.
  Trátase dunha rede social que permite publicar, compartir... multiples documentos. Chega a ser unha biblioteca de documentos. Polo que nos permite publicar ou utilizar os documentos de todo tipo que se aloxan  nesta web.

Buscador de audio e vídeo. No vídeo destaca pola súa vista preliminar que permitenos ver 3 segundos e facernos unha idea do vídeo.
A parte do buscador de audio, fai referencia a búsqueda de podcast e tamén indexa o audio dos vídeos usando o recoñecemento de voz.
Finalmente permite subscribirnos mediante un feed aos resultados das búsquedas, algo moi útil se estas interesado nun tema concreto e queres ver o que xurde de novo.

A web de almacenamento de vídeos mais famosa. Nela podemos subir os nosos vídeos, compartilos, inserilos no noso blog... Existen outras moitas con prestacións parecidas como Dailymotion.

Posiblemente a mellor maneira de almacenar, compartir e incluso vender as túas fotografías dixitais.

       É un visualizador de fotos, ademáis de organizar as túas imaxes, permite compartir os ábums con quen ti quiras é dunha maneira segura. Tamén podemos publicalas co google sites ou nun blog... Pareceme unha aplicación moi útil cando queremos traballar con imaxes dos nenos, das súas actividades, dos festivais... Súbense rápido e de maneira sinxela.

Web onde podemos aloxar temas musicais e tamén escoitalos. Ademáis permitenos inserilos na nosa web mediante un código html.





Ningún comentario:

Publicar un comentario