E.D.I.

  Encerado Dixital Interactivo

O encerado dixital é unha ferramenta chea de posibilidades, utilicemos como a utilicemos:
  • Coma un encerado clásico, permítenos escribir, utilizar diferentes colores, facer formas precisas ( o que costa facer un círculo redondo cun xiz), pasar páxina e ter nun instante unha páxina limpa, voltar atrás nas explicacións, incluso gardalas  para outra ocasión.
  • Como proxector para apoiar as explicacións, presentar exercicios  a toda a clase, mostrar imaxes...
  • Para facer actividades na mesma pizarra, arrastrando, escribindo, clasificando, etc, as famosas toolkits do notebook.
  • Calquera outro modo que se vos ocurra as súas posibilidades son grandes en función do que queiramos ou necesitemos facer.
 Podemos atoparnos, fundamentalmente con dous tipos de encerado dixital, a Smartboard ( manéxase co dedo) e as promethean ( manéxanse cunha especie de punteiro).
 A consellería de educación da xunta de Galicia polo de agora aposta polas Smartboard.
  Existe unha maneira de facer un encerado dixital por pouco mais de 60€. Grazas a un mando da Wii e un par de artiluxos facilmente executables.   

Isto non é mais que unha alternativa, pero para  min  os encerados dixitais interactivos son unha mala inversión cando falamos de aproveitamento tanto do hardware como do software. Con isto non quero dicir que sexa tirar cos cartos, senón que estes pódense invertir noutras cousas...
Un canón, unha pizarra blanca tipo vinilo fan moitas das funcións que fai un E.D.I., escribir con rotuladores de cores, borrar, proxectar, si utilizamos un rato inalámbrico hasta podemos navegar...

VÍDEOTITORIAIS:

 Para axudar na comprensión do encedado dixital interactivo creei uns vídeotitoriais que espero vos sexan de utilidade:
Capítulo 1:   Visión xeral do software Smart Board.
Capítulo 2:   Ferramentas flotantes.
Capítulo 3:   Ferrametas: Rotulador, rotulador artístico, borrador e creador de liñas.
Capítulo 4:   Ferramentas: Recoñecedor de formas.
Capítulo 5:   Feramentas.Rotulador máxico.
Capítulo 6:   Ferramenta: Texto
Capítulo 7:   Ferramenta taboas
Capítulo 8:   Ferramentas: Captura de pantalla.
Capítulo 9:   Ferramentas: sombra de pantalla e pantalla completa
Capítulo 10: Barra de ferramentas lateral.
Capítulo 11: Inserir arquivos.
Capítulo 12: Creación de actividades flash  

MANUAIS E TITORIAIS 

RECURSOS NA REDE

Ningún comentario:

Publicar un comentario