domingo, 23 de febreiro de 2014

As reválidas da LOMCE

Confeso que aínda non puiden ler na súa totalidade a LOMCE(estou niso). Unha lei que nace chea de polémicas e que algunha vez analizarei con maior profundidade.
Un dos aspectos con maiores críticas son as avaliacións externas ou tamén coñecidas como reválidas.
Coñécese mais ben pouco sobre estas avaliacións, ata o momento non sabemos o que , o quen ou o como se van realizar estas probas. Este aspecto, a pouca claridade, fai que se produzan moitas especulacións  a maioría en contra da medida.
Eu vou a divagar un pouco e gustaríame que quede moi claro que son meras divagacións.
Imaxinemos que as avaliacións previstas na LOMCE fainas unha empresa independente  e fan unha avaliación de competencias. Estou a pensar nunha avaliación tipo PISA.  Resulta que na miña opinión creo que sería unha medida moi positiva para a educación neste país.
Vou intentar explicarme. Xa sei que os profesores somos moi remisos a que alguén se meta no noso traballo e opine sobre él.
Unha avaliación real, independente e que mida realmente as competencias clave obrigará primeiro a que o profesorado se vexa obrigado a deixar de lado os contidos e centrarse nas competencias a olvidarse en gran medida do traballo cuadriculado e  comezar a dar sentido e aplicación práctica as aprendizaxes. Aquelo que a famosa LOGSE denominaba aprendizaxe significativo.   
Segundo, a que o profesorado non se vai poder "relaxar". Todos coñecemos compañeiros que centran o ensino nun traballo "relaxado" sen molestar a ninguén, pero sen ensinar a ninguén. E digo que non se vai poder "relaxar" porque terán que xustificar os resultados do seu alumnado nesas probas. Pero ante quen se terá que xustificar?, si os resultados son públicos, ante toda a comunidade educativa, ante os seus compañeiros e ante os pais e nais que preguntarán que fixo durante o curso. E isto aínda que nos dé medo é moi positivo. A xente que traballa non terá problema pero os mais "relaxados" recurrirán a desculpas coma  que teño alumnos pouco capacitados ou nos cursos anteriores non se traballou adecuadamente e cousas polo estilo sen  profundidade e que ninguén se cree.  Mirade un exemplo, os profesionais que imparten ensinanzas en 2º de bacharelato vense obrigados a preparar ao seu alumnado para unha proba, a selectividade,   sen desculpas de tempo e de temario é ao final ven avaliado o seu traballo coas notas do seu alumnado e non pasa nada.
E terceiro si os gobernos aproveitan os resultados poderan introducir pequenas correccións (formación específica, maior número de persoal...) nos centros para correxir os malos resultados.
É certo que todo isto vaise ao lixo se a avaliación se fai por contidos. Eu son pesimista e creo que por ahí van os tiros. As competencias básicas tal e como se reflexan na LOMCE ao igual que na LOE se inclinan cara aos contidos mínimos.  E iso pode facer que demos moitos pasos cara atrás na educación. Como consecuencia todos os profesores ao igual que fan os de 2º de bacharelato prepararán ao alumnado para unha proba, que neste caso non os prepara para a vida tal e como o faría unha avaliación de competencias, senón para pasar un exame. Chegaríamos a un ensino pobre, mais pobre.
CONCLUSIÓN.
Entendo as dúbidas que xeran estas probas e creo que é clave no desenrolo da LOMCE  e no futuro da educación no país. De facelo ben iríamos disparados cara unha sociedade ben educada pero de coller o camiño de sempre lanzaríanos cara un pozo moi profundo.

luns, 25 de novembro de 2013

Manipulando as matemáticas.

   Nunca vos preguntáchedes que se debe ensinar das matemáticas?  por que teñen tantas dificultades o alumnado nesta competencia básica? Sabemos os mestres e profesores realmente os fundamentos das matemáticas que debemos ensinar? A universidade nos prepara para traballar a competencia matemática?...
   Estas son cuestións que estoume a facer mentres  penso nas miñas liñas de actuación co alumnado PROA que vou a impartir este curso.
   Teño unha cousa clara, necesitamos unhas matemáticas comprensibles, alonxadas da mecánica e polo tanto útiles. Nunca entendín a necesidade de ter que facer divisións de tres cifras, ou multiplicacións infinitas ou como non a raíz cuadrada... 
   Se reflexionamos, o único lugar onde son útiles estas habilidades son na escola.. Con esto non quero dicir que o alumnado non deba aprender a calcular, senón que non perdamos o tempo en aspectos inutiles fora da escola.
   Propoño que comencemos a manipular as matemáticas, os números, as súas relacións, a xeometría... 
   As regletas de cuisenaire , os ábacos ou as calculadoras son exemplos de materiais cos que traballar as matemáticas e poder tocalas, manipulalas e que o noso alumnado investigue por si mesmo as relacións entre números, os cálculos...

   Preséntovos algunhas páxinas onde queda reflexado o traballo das matemáticas con materiais manipulativos, ademais de poder ampliar esta idea que vos propoño.

C.E.I.P AGUAMANSA:
Tony Martín e os seus compañeiros fan un traballo increible coas matemáticas no seu centro.
 
 http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/edublogs/ceipaguamansa/
https://sites.google.com/site/ceipaguamansa/escritorio-de-trabajo/areas/matematicas/videos-matematicas


GRUPO CAPICUA
http://www.aulamatematica.com/Capicua/Capicua.htm

domingo, 20 de outubro de 2013

APRENDENDO.EU

A todos os que vos gusta as metodoloxías de traballo por proxectos, aos que non vos atrevedes con elas e incluso aos que as criticades. Recoméndovos que visitedes http://www.aprendendo.eu/.
É unha web onde se describen paso a paso e dunha maneira moi ben organizada, como levar a cabo un traballo de investigación utilizando as TIC.
Sinxela, ben distribuida, cos datos necesarios e sobre todo moi CLARIÑA.
Felicidades aos seus creadores polo seu traballo.

mércores, 7 de agosto de 2013

A imaxinación ao poder.

Moitas veces desbotamos as ideas do noso alumnado, simplemente porque son pequenos. Escoitar pode ser unha das grandes cualidades dun mestre. Preguntar e abrir os oidos as respostas do noso alumnado con liberdade seguro que fai que cheguemos a lugares increibles. Recordade que a súa imaxinación non está cortada polo mundo dos adulto.
Aquí tendes un exemplo un pouco radical, un rapaz que coa axuda de google, wikipedia, a súa imaxinación e a súa determinación, probablemente salvará milleiros de vida en todo o mundo.

martes, 4 de xuño de 2013

Outra vez...KEN ROBINSON.

Xa vos falei noutras ocasións de Sr Ken Robinson. Nesta ocasións quero presentarvos unha  conferencia  titulada "como escapar del valle de la muerte de la educación".

Entre outras ideas  explica que " os maestros son o alma do éxito das escolas" e que "ensinar é unha profesión creativa na que un bo maestro transmite, guia, estimula, provoca e involucra".  

Moitas das suas ideas deberían ser escoitadas e sobre todo levadas a práctica , como que " Fomentar o desenrolo profesional non é un gasto, é unha inversión. E todo país próspero o sabe".

 Cando teñades 20 minutiños recoméndovos que lle botedes un vistazo a esta charla, entretida e moi instructiva.

 

domingo, 19 de maio de 2013

PIXTON, crear comics .

Os comics son una forma  ideal de comunicación para os nenos, incluen textos sinxelos e imaxenes. Para min a hora de aplicar nas clases sempre tiñan o inconveniente dos debuxos. En moitas ocasions o alumnado non debuxa ben, utilizar imaxenes de revistas resulta dificil atopar o que un quere e rematas facendo a historia en función das imaxenes e das posturas.
O mes pasado nas I xornadas para coordinadores abalar descubrin esta aplicación online, pixton.
Pixton é unha sinxela pero moi poderosa aplicación para crear comics e logo publicalos. Ten multitude de personaxes, aos cales , aquí ben a novidadade, permite mover, colocar en diferentes posturas e por suposto cambiar expresións faciais, colores...
Ten multitude de plantillas predeterminadas, aínda que podemos crearalas ao noso gusto.


Proposta didactica: O alumnado en pequenos grupos poden crear un guión dunha temática proporcionada polo profe (social, deportiva, dunha nova ou acontecemento...), e logo crear o comic en PIXTON. Non olvidedes que o principal é o proceso, como facer un guión, como contar unha historia, escoitar as opinións dos compañeiros, organizarse no proceso de creación, ter diferentes papeis dentro do grupo e cumplir cada un co que lle toque, procurar un resultado no que se comunique o que se pretende...

martes, 14 de maio de 2013

Animacións en 2D

As veces é necesario sorprender ao alumnado para que preste atención. Unha posibilidade é facer unha pequena animación. Wideo é unha plataforma online que permite a realización das nosas animacións en 2D sen necesidade de ter coñecementos técnicos, permitindo usar e subir figuras, animar personaxes, fondos, engadir sons ou a nosa propia voz...









Unha idea é que eles mesmos fagan as súas propias animacións, en grupiños, poden escribir un conto, crear os diálogos, debatir como se debe mover os personaxes, como debe ser o diálogo e crear unha animación....
Que vos parece? 


Aquí tendes un titorial