luns, 20 de outubro de 2014
martes, 19 de agosto de 2014
Un blog na aula. Unha pequena experiencia.
UN BLOG NA AULA
Coma sabedes son partidario de utilizar as TIC na aula sempre que sexan útiles para a aprendizaxe. Ben sexa como vehículo de aprendizaxe, coma intermediario da mesma ou coma obxectivo directo. Pero o que observo e que o uso das TIC na escola estase a transformar en un "facer mais do mesmo" pero cun ordenador e en dar unha apariencia de maior profesionalidade de cara a inspección ou aos pais. Cando a profesionalidade non se mide polo uso das TIC .
Hoxe apetéceme falar dos blogs. Aplicacións revolucionarias non fai tantos anos, pero que agora vironse fagocitadas polas redes sociais. Para min seguen sendo unha ferramenta excelente na aula, pola maior seguridade que aportan, pola súa capacidade de colaboración, de manexo de permisos dos usuarios e pola facilidade de administración por parte do mestre/profesor.
O curso pasado levei a cabo unha experiencia nunha aula cun blog. Concretamente cun grupo de 7 alumnos pertencentes ao PROA de 3º ciclo de educación primaria. Coa utilización do blog pretendín por unha parte que o alumnado se expresase de forma escrita, se autocorrexiran as faltas de ortografía e que buscasen diferentes formas de expresar unha idea e pola outra que as familias puidesen ver no que estabamos a traballar e como estabamos a traballar.
Coma vedes o blog fixerono eles, lóxicamente guiados por min. Eu actuei de administrador, dinlles os permisos e nas primeiras publicacións sinaleilles como facelo. Dinlles a responsabilidade, desta maneira eles tiñan a motivación de facer ben o traballo (pois ía ser público) e tamén o pracer de mostrar os resultados das súas investigacións nun proxecto que levabamos . Ao mesmo tempo traballamos, ortografía, composición de textos, capacidade de síntese, expresión, traballo en equipo e seguridade en si mesmos. Seguín a máxima de APRENDER FACENDO.
Podedes ver os resultados do traballo en http://osproactivos.blogspot.com.es/
Algunhas veces cando falo con algúns mestres e profesores queixanse de que non teñen tempo, pero en realidade creo que o problema é a distribución do tempo, ter claro os obxectivos a longo prazo e evitar tomar os libros de texto como dogmas de fe. Dígovos a modo de exemplo no PROA dispoñemos de dúas horas, dous días a semana. Outras de que non saben como facelo. Hoxe en día esas palabras son case pecado. Existen cursos, manuais, compañeiros que axudan e miles de formas de aprender case calquera cousa. O que acontece e que ao igual que o alumnado o profesorado tamén anda desmotivado.

domingo, 23 de febreiro de 2014
As reválidas da LOMCE
Confeso que aínda non puiden ler na súa totalidade a LOMCE(estou niso). Unha lei que nace chea de polémicas e que algunha vez analizarei con maior profundidade.
Un dos aspectos con maiores críticas son as avaliacións externas ou tamén coñecidas como reválidas.
Coñécese mais ben pouco sobre estas avaliacións, ata o momento non sabemos o que , o quen ou o como se van realizar estas probas. Este aspecto, a pouca claridade, fai que se produzan moitas especulacións a maioría en contra da medida.
Eu vou a divagar un pouco e gustaríame que quede moi claro que son meras divagacións.
Imaxinemos que as avaliacións previstas na LOMCE fainas unha empresa independente e fan unha avaliación de competencias. Estou a pensar nunha avaliación tipo PISA. Resulta que na miña opinión creo que sería unha medida moi positiva para a educación neste país.
Vou intentar explicarme. Xa sei que os profesores somos moi remisos a que alguén se meta no noso traballo e opine sobre él.
Unha avaliación real, independente e que mida realmente as competencias clave obrigará primeiro a que o profesorado se vexa obrigado a deixar de lado os contidos e centrarse nas competencias a olvidarse en gran medida do traballo cuadriculado e comezar a dar sentido e aplicación práctica as aprendizaxes. Aquelo que a famosa LOGSE denominaba aprendizaxe significativo.
Segundo, a que o profesorado non se vai poder "relaxar". Todos coñecemos compañeiros que centran o ensino nun traballo "relaxado" sen molestar a ninguén, pero sen ensinar a ninguén. E digo que non se vai poder "relaxar" porque terán que xustificar os resultados do seu alumnado nesas probas. Pero ante quen se terá que xustificar?, si os resultados son públicos, ante toda a comunidade educativa, ante os seus compañeiros e ante os pais e nais que preguntarán que fixo durante o curso. E isto aínda que nos dé medo é moi positivo. A xente que traballa non terá problema pero os mais "relaxados" recurrirán a desculpas coma que teño alumnos pouco capacitados ou nos cursos anteriores non se traballou adecuadamente e cousas polo estilo sen profundidade e que ninguén se cree. Mirade un exemplo, os profesionais que imparten ensinanzas en 2º de bacharelato vense obrigados a preparar ao seu alumnado para unha proba, a selectividade, sen desculpas de tempo e de temario é ao final ven avaliado o seu traballo coas notas do seu alumnado e non pasa nada.
E terceiro si os gobernos aproveitan os resultados poderan introducir pequenas correccións (formación específica, maior número de persoal...) nos centros para correxir os malos resultados.
É certo que todo isto vaise ao lixo se a avaliación se fai por contidos. Eu son pesimista e creo que por ahí van os tiros. As competencias básicas tal e como se reflexan na LOMCE ao igual que na LOE se inclinan cara aos contidos mínimos. E iso pode facer que demos moitos pasos cara atrás na educación. Como consecuencia todos os profesores ao igual que fan os de 2º de bacharelato prepararán ao alumnado para unha proba, que neste caso non os prepara para a vida tal e como o faría unha avaliación de competencias, senón para pasar un exame. Chegaríamos a un ensino pobre, mais pobre.
CONCLUSIÓN.
Entendo as dúbidas que xeran estas probas e creo que é clave no desenrolo da LOMCE e no futuro da educación no país. De facelo ben iríamos disparados cara unha sociedade ben educada pero de coller o camiño de sempre lanzaríanos cara un pozo moi profundo.

luns, 25 de novembro de 2013
Manipulando as matemáticas.
Nunca vos preguntáchedes que se debe ensinar das matemáticas? por que teñen tantas dificultades o alumnado nesta competencia básica? Sabemos os mestres e profesores realmente os fundamentos das matemáticas que debemos ensinar? A universidade nos prepara para traballar a competencia matemática?...
Estas son cuestións que estoume a facer mentres penso nas miñas liñas de actuación co alumnado PROA que vou a impartir este curso.
Teño unha cousa clara, necesitamos unhas matemáticas comprensibles, alonxadas da mecánica e polo tanto útiles. Nunca entendín a necesidade de ter que facer divisións de tres cifras, ou multiplicacións infinitas ou como non a raíz cuadrada...
Se reflexionamos, o único lugar onde son útiles estas habilidades son na escola.. Con esto non quero dicir que o alumnado non deba aprender a calcular, senón que non perdamos o tempo en aspectos inutiles fora da escola.
Propoño que comencemos a manipular as matemáticas, os números, as súas relacións, a xeometría...
As regletas de cuisenaire , os ábacos ou as calculadoras son exemplos de materiais cos que traballar as matemáticas e poder tocalas, manipulalas e que o noso alumnado investigue por si mesmo as relacións entre números, os cálculos...
Preséntovos algunhas páxinas onde queda reflexado o traballo das matemáticas con materiais manipulativos, ademais de poder ampliar esta idea que vos propoño.
C.E.I.P AGUAMANSA:
Tony Martín e os seus compañeiros fan un traballo increible coas matemáticas no seu centro.
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/edublogs/ceipaguamansa/
https://sites.google.com/site/ceipaguamansa/escritorio-de-trabajo/areas/matematicas/videos-matematicas
GRUPO CAPICUA
http://www.aulamatematica.com/Capicua/Capicua.htm

domingo, 20 de outubro de 2013
APRENDENDO.EU
A todos os que vos gusta as metodoloxías de traballo por proxectos, aos que non vos atrevedes con elas e incluso aos que as criticades. Recoméndovos que visitedes http://www.aprendendo.eu/.
É unha web onde se describen paso a paso e dunha maneira moi ben organizada, como levar a cabo un traballo de investigación utilizando as TIC.
Sinxela, ben distribuida, cos datos necesarios e sobre todo moi CLARIÑA.
Felicidades aos seus creadores polo seu traballo.

mércores, 7 de agosto de 2013
A imaxinación ao poder.
Moitas veces desbotamos as ideas do noso alumnado, simplemente porque son pequenos. Escoitar pode ser unha das grandes cualidades dun mestre. Preguntar e abrir os oidos as respostas do noso alumnado con liberdade seguro que fai que cheguemos a lugares increibles. Recordade que a súa imaxinación non está cortada polo mundo dos adulto.
Aquí tendes un exemplo un pouco radical, un rapaz que coa axuda de google, wikipedia, a súa imaxinación e a súa determinación, probablemente salvará milleiros de vida en todo o mundo.
martes, 4 de xuño de 2013
Outra vez...KEN ROBINSON.
Xa vos falei noutras ocasións de Sr Ken Robinson. Nesta ocasións quero presentarvos unha conferencia titulada "como escapar del valle de la muerte de la educación".
Entre outras ideas explica que " os maestros son o alma do éxito das escolas" e que "ensinar é unha profesión creativa na que un bo maestro transmite, guia, estimula, provoca e involucra".
Moitas das suas ideas deberían ser escoitadas e sobre todo levadas a práctica , como que " Fomentar o desenrolo profesional non é un gasto, é unha inversión. E todo país próspero o sabe".
Cando teñades 20 minutiños recoméndovos que lle botedes un vistazo a esta charla, entretida e moi instructiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)