domingo, 30 de decembro de 2012

Xeografía, aprender xogando

Xogo gratuito de mapas

¡Haz click en la imagen para descargarlo!

Seterra 3.0 é un programa gratuito, diseñado para aprender xeografía básica de maneira sinxela en base a xogos con mapas.
Baséase en información sobre países, bandiras, capitales, cidades...Dos cinco continentes: Europa, Asia, África, América do Norte, América do Sur, Australia.
Os 70 exercicios van ascendendo de nivel a mediad que se avanza na aprendizaxe. Inclue exercicios de mapas, de banderas e de preguntas e respostas, facendo o aprendizaxe sinxelo e divertido. Cada exercicio ten unha lista de puntuacións máximas para controlar o seu progreso.
Fonte: Docente 2punto0

Creación de materiais para Smart Board online.

Creación e edición online de materiais do software da Smart

  Para poder elaborar e modificar arquivos para usar na pizarra dixital, podemos utilizar esta aplicación web online.Todo un paso para non ter que instalar en todos os ordenadores que utilizamos o software da Smart Board.


RECURSOS 2.0

Atopei uns lugares increibles, cheos de aplicacións, de manuais...

                                   MAPA DO MUNDO 2.0



                                MANUAIS E RECURSOS WEB 2.O
                         O resultado dun traballo de recopilación ben feito.

                                             
                                                       WEB 2.O


Recursos Web 2.0  

                              Recursos Web 2.0 from Saregune

Fonte: http://abalarabalarei.blogspot.com.es 

sábado, 15 de decembro de 2012

A ortografía. Un método práctico.

A ortografía é unha desas patas das que coxea gran parte do alumnado. Tradicionalmente as únicas respostas que damos aos alumnos e pais son algo como " ten que fixarse mais", "debe ler mais", "repite 100 veces cada falta que cometas"...
Xa fai uns aniños, aló polo 2006 eu era titor dun 5º de educación primaria con grandes problemas entre outras cousas en ortografía. Os que me coñecen saben que unas das miñas virturdes e tamén dos meus grandes defectos é que son un cabezón... Non paro ata atopar unha solución ou petar contra o muro, o que aconteza primeiro.
Ben, pois púxenme a investigar algunha maneira verdadeiramente efectiva de que os meus alumnos non cometeran faltas de ortografía, polo menos reducir significativamente o seu número .
Atopei a P.N.L., Programación Neuro Lingüística, algo que nun principio non me sonou ben, sinceramente.
Pero puxenme a ler o que Daniel Gabarró comentaba a maneira na que pensan a xente que comete poucos erros ortográficos e por primeira vez lle vin sentido a un método de ensino da ortografía.
Daquela eu tiven que crear os meus propios materiais unhas fichas de andar por casa, simples e con moitas das palabras que mais comúnmente aparecían subliñandas de vermello nos ditados dos alumnos. Comezamos no 2º trimestre do curso, 15 minutos diarios nos que os meus alumnos xuntabanse en parellas e facían un xogo de memorización visual sinxelo pero moi interesante.
    Un alumno ensinaba ao seu compañeiro unha tarxeta cunha palabra (había), esperaba 7 segundos e dáballe a volta. O compañeiro que observara a palabra tiña que deletreala nun primeiro momento cara atrás ( a,´,i,b,a,h) e logo cara diante (h,a,b,´,i,a).
Este exercicio lóxicamente tivo un tempo de entrenamento no que introducían na súa pizarra mental as palabras, as modificaban, cambiaban de cor, tamaño ou forma.
Resultados na miña aula, entre un 50 % e un 60% de redución de faltas de ortografía por alumno. Ademais aquelo tivo un efecto secundario, unha nena en particular con problemas de aprendizaxe as 3 semanas de comezar a actividade sabía a tabla de multiplicar perfectamente... A mestra de PT recordo que entrou na miña aula dicindo que pasou con "María" (a mestra estivera de baixa durante 1 mes) que agora sabe multiplicar , dividir... Non vou mentir o meu ego subiu uns cantos peldaños.

Vouvos a deixar un direcion onde podedes coñecer todo o que hai que saber da PNL da ortografía, o método xa avanzou dende aquela, xa hai materiais... Probádeo e xa me diredes.

 http://ortografiasinesfuerzo.blogspot.com.es/

venres, 14 de decembro de 2012

FREEMIND. Uso básico


Freemind é unha aplicación diseñada para a creación de mapas conceptuais. Trátase dun programa libre e multiplataforma, o que nos permite poder instalalo en LINUX, en WINDOWS ou MAC , segundo as nosas preferencias.

Pódedes descargalo dende aquí.
  Aquí tendes un exemplo que explica o uso básico desta aplicación.


                              Premede na volvoreta para ir ao titorial


E como non, un vídeo titorial.





Se queredes profundizar mais na aplicación déixovos un manual.

Manuais( writer, impress e freemind)

Grazas a un compañeiro do centro ( Miguel), poño a vosa disposición unha serie de manuais bastante interesantes.

mércores, 12 de decembro de 2012

SORPRENDENTE

O último sitio onde buscaría,   . Esta web dispón dun apartado adicado as infografias apasionante, hai de todo un pouco é cuestión de buscar e atopar o que necesitamos. Está verdadeiramente moi lograda.