martes, 4 de xuño de 2013
domingo, 19 de maio de 2013
PIXTON, crear comics .
Os comics son una forma ideal de comunicación para os nenos, incluen textos sinxelos e imaxenes. Para min a hora de aplicar nas clases sempre tiñan o inconveniente dos debuxos. En moitas ocasions o alumnado non debuxa ben, utilizar imaxenes de revistas resulta dificil atopar o que un quere e rematas facendo a historia en función das imaxenes e das posturas.
O mes pasado nas I xornadas para coordinadores abalar descubrin esta aplicación online, pixton.
Pixton é unha sinxela pero moi poderosa aplicación para crear comics e logo publicalos. Ten multitude de personaxes, aos cales , aquí ben a novidadade, permite mover, colocar en diferentes posturas e por suposto cambiar expresións faciais, colores...
Ten multitude de plantillas predeterminadas, aínda que podemos crearalas ao noso gusto.
Proposta didactica: O alumnado en pequenos grupos poden crear un guión dunha temática proporcionada polo profe (social, deportiva, dunha nova ou acontecemento...), e logo crear o comic en PIXTON. Non olvidedes que o principal é o proceso, como facer un guión, como contar unha historia, escoitar as opinións dos compañeiros, organizarse no proceso de creación, ter diferentes papeis dentro do grupo e cumplir cada un co que lle toque, procurar un resultado no que se comunique o que se pretende...
O mes pasado nas I xornadas para coordinadores abalar descubrin esta aplicación online, pixton.
Pixton é unha sinxela pero moi poderosa aplicación para crear comics e logo publicalos. Ten multitude de personaxes, aos cales , aquí ben a novidadade, permite mover, colocar en diferentes posturas e por suposto cambiar expresións faciais, colores...
Ten multitude de plantillas predeterminadas, aínda que podemos crearalas ao noso gusto.
Proposta didactica: O alumnado en pequenos grupos poden crear un guión dunha temática proporcionada polo profe (social, deportiva, dunha nova ou acontecemento...), e logo crear o comic en PIXTON. Non olvidedes que o principal é o proceso, como facer un guión, como contar unha historia, escoitar as opinións dos compañeiros, organizarse no proceso de creación, ter diferentes papeis dentro do grupo e cumplir cada un co que lle toque, procurar un resultado no que se comunique o que se pretende...
Etiquetas:
2.0,
aplicacións,
competencia lingüística,
educación,
ONLINE,
TIC
martes, 14 de maio de 2013
Animacións en 2D
As veces é necesario sorprender ao alumnado para que preste atención. Unha posibilidade é facer unha pequena animación. Wideo é unha plataforma online que permite a realización das nosas animacións en 2D sen necesidade de ter coñecementos técnicos, permitindo usar e subir figuras, animar personaxes, fondos, engadir sons ou a nosa propia voz...
Unha idea é que eles mesmos fagan as súas propias animacións, en grupiños, poden escribir un conto, crear os diálogos, debatir como se debe mover os personaxes, como debe ser o diálogo e crear unha animación....
Que vos parece?
Aquí tendes un titorial
Etiquetas:
educación,
innovación educativa,
ONLINE,
recursos,
TIC
sábado, 6 de abril de 2013
Uso das novas tecnoloxías por idades.
Atopei no Twitter, unha recomendación de peos sobre o uso das TIC no nenos. Neste caso a Asociación Francesa de Pediatría Ambulatoria
(AFPA) fai unha recomendación por idades para integrar as novas tecnoloxías no entorno dos rapaces.
Chámanlle a REGRA 3-6-9-12, que sinala como introducir as TIC e cando facelo.
Antes dos 3 anos.
O neno, a estas idades, necesita interactuar co seu entorno. Polo tanto debemos buscar elementos que permitan tal interactividade, evitar as TV e centrarse en dispositivos táctiles. E dado que debemos fomentar ao máximo as capacidade motoras debemos evitar ao máximo o sedentarismo.
Antes dos 6 anos.
Os nenos necesitan crear con todos os dedos e non so cun clic. As ferramentas dixitais non son as mellores ferramentas para as necesidades dos nenos nestas idades. Nestas idades construe a representación do espazo e debe polo tanto interactuar co espazo de maneira mais diversa posible, entrenando as habilidades propias. Debe primar polo tanto os xogos motrices antes que a repetición dun mesmo movemento ante unha pantalla (consola).
A partires dos 9 anos.
Comeza a navegar por internet. Débese ensinar o uso das ferramentas e mostrarlle as limitación e os perigos. E mostar as tres regras básicas de internet:
- Todo o que se publica na rede é de dominio público.
- Todo o que se publica vai permanecer alí PARA SEMPRE.
- Todo o que atopemos en internet debe cuestionarse e necesita corroborarse con outras fontes.
O neno xa pode navegar só por internet pero non todo o tempo e nunca na súa habitación. Débese establecer controis horarios e de vez en cando botar un vistazo ao que está a facer. Outra das recomendacións é que se alternen momentos de socialización familar (falar coa familia) con momentos de conexión, pero nunca debe permitirse a coexistencia das charlas familiares e ao mesmo tempo estar conectado a rede.
É recomendable comer libre de telefono móbil e TV, os pais tamén.
Espero que vos sexa de utilidade.
Fonte:Xarxatic
sábado, 9 de marzo de 2013
Nubes cargadiñas de datos
Cada vez mais a
“nube” cobra maior importancia nas nosas vidas tecnolóxicas. Xa fai un tempo
que podemos traballar con moitas aplicacións “online” como si traballásemos en
local no noso equipo.
Hoxe imos a falar
do almacenamento na nube. Existen moitas formas de gardar os nosos arquivos nun
espazo virtual na internet. Vexámos catro delas.
Teño que confesar que esta utilidade encántame. Ten unha versión de pago
e outra gratuíta.
Se nos decidimos
pola versión gratuíta contamos con 2 gb de capacidade inicial, pero con
múltiples formas de ir aumentando a súa capacidade. O servizo permite almacenar e sincronizar
arquivos entre diferentes dispositivos, compartir arquivos e carpetas con
outros usuarios e ata funcionar como un servidor web.
Dropbox permite
deixar calquer arquivo nunha carpeta , ese arquivo é sincronizado na nube e o
mellor de todo, en todas as computadoras onde teñamos instalado o dropbox. Os
arquivos na carpeta de dropbox poden ser
compartidos con outros usuarios ou ben descargados cun enlace de descarga
directa.
- Analise.
Ten pouca
capacidade, pero esta pode ser ampliada dunha maneira sinxela.
A capacidade de
sincronización automática entre equipos e maravillosa. Imaxinade poder
traballar nun documento na casa e ao chegar ao traballo poder dispoñer del,
seguir modificando ou imprimilo sen problema algún.
Pódese ter acceso
aos arquivos dende o ordenador se temos instalados o cliente de dropbox ou a través do navegador web.
O sitio de Kim Dotcom, o creador de megaupload. A conta básica e gratuíta
ten 50 gb, ALUCINNATE. Isto pode romper a todos os demais sitios de almacenaxe.
- Analise.
Trátase dun
servizo de almacenamento moi recente, as funcionalidades básicas non están moi
claras. Polo que teño probado para traballar con el vía web recoméndovos
utilizar Google Chrome. Co resto de navegadores producense bastantes erros na
súbida.
É a opción de Google. Substitúe a
Google Docs e amplía as funionalidades. Ofrece 5 gb de almacenamento gratuíto,
se queremos ampliar esta cuota é necesario pagar.
- Analise.
Simplemente é
unha mellora do gran Google Docs, permitindo a edición en liña e ampliando as
plataformas chegando a Android.
Como é de supoñer
integrase perfectamente en Gmail ou G+.
Moi recomendable,
sobre todo polas funcionalidades de edición e a creación dos incribles formularios,
agora con plantillas. Ideal para facer enquisas nos centro.
É a gran descoñecida. Pero
seguramente a mais creativa e completa. Xa que non so permite arquivar e compartir
materiais senón que tamén admite contido
online ( direccións web, blogs, youtube, flickrs…).
A forma de
almacenar é moi visual, e permite crear o que eles chaman “píldoras de
conocimiento” para compartir con todo o mundo ou de maneira máis privativa.
Outra
característica que a fai diferente é que esta feita en España.
domingo, 24 de febreiro de 2013
KEN ROBINSON
Presentovos uns de vídeos, de unhas conferencias nas que participou Sir Ken Robinson un educador, escritor e conferenciante británico, experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recuros humáns.
Invitovos a escoitar e reflexionar.
Invitovos a escoitar e reflexionar.
sábado, 16 de febreiro de 2013
PREZI, presentacións impresionantes
Prezi é unha aplicación web que nos permite entre outras cousas, facer presentacións con contido multimedia impresionantes.
Deixovos un pequeno exemplo. As posibilidades son enormes, poden insertarse todo tipo de contidos multimedia, poden crearse movementos na pantalla. Visitade PREZI, rexistrádevos é probádeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
