venres, 23 de novembro de 2012

Coherencia


  O tribunal superior de xustiza de galicia anula algúns dospuntos básicos do decreto do plurilingüísmo.

 

 Segundo podemos ver en "La voz de Galicia", o decreto do plurilingüísmo vai ter que ser modificado. 
Olvidemonos de política, somo EDUCADORES e queremos que os noso alumnado mellore, e para iso na nosa terra deben coñecer o galego e o castelan, e por suposto cantas mais linguas mellor... O contrario do que moitos din, os rapaces son autenticas esponxas que cando están en condicións óptimas absórveno todo e son capaces de aprender todas as linguas que NECESITEN.
A xustiza galega penso eu, trae un pouco de coherencia o noso traballo diario. Non parece oportuno que os pais tomen decisión que competen aos profesionais da educación.
E dende logo non podemos seguir cometendo erros do pasado. Para aprender unha lingua rápido e ben temos que submerxirnos nela... Nunca aprenderemos unha lingua se non a falamos e a escribimos.

Os politicos deben deixar aos profesionais traballar e non tomar decisión en función dos votos que van a recibir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario