Atopei no Twitter, unha recomendación de peos sobre o uso das TIC no nenos. Neste caso a Asociación Francesa de Pediatría Ambulatoria
(AFPA) fai unha recomendación por idades para integrar as novas tecnoloxías no entorno dos rapaces.
Chámanlle a REGRA 3-6-9-12, que sinala como introducir as TIC e cando facelo.
Antes dos 3 anos.
O neno, a estas idades, necesita interactuar co seu entorno. Polo tanto debemos buscar elementos que permitan tal interactividade, evitar as TV e centrarse en dispositivos táctiles. E dado que debemos fomentar ao máximo as capacidade motoras debemos evitar ao máximo o sedentarismo.
Antes dos 6 anos.
Os nenos necesitan crear con todos os dedos e non so cun clic. As ferramentas dixitais non son as mellores ferramentas para as necesidades dos nenos nestas idades. Nestas idades construe a representación do espazo e debe polo tanto interactuar co espazo de maneira mais diversa posible, entrenando as habilidades propias. Debe primar polo tanto os xogos motrices antes que a repetición dun mesmo movemento ante unha pantalla (consola).
A partires dos 9 anos.
Comeza a navegar por internet. Débese ensinar o uso das ferramentas e mostrarlle as limitación e os perigos. E mostar as tres regras básicas de internet:
- Todo o que se publica na rede é de dominio público.
- Todo o que se publica vai permanecer alí PARA SEMPRE.
- Todo o que atopemos en internet debe cuestionarse e necesita corroborarse con outras fontes.
O neno xa pode navegar só por internet pero non todo o tempo e nunca na súa habitación. Débese establecer controis horarios e de vez en cando botar un vistazo ao que está a facer. Outra das recomendacións é que se alternen momentos de socialización familar (falar coa familia) con momentos de conexión, pero nunca debe permitirse a coexistencia das charlas familiares e ao mesmo tempo estar conectado a rede.
É recomendable comer libre de telefono móbil e TV, os pais tamén.
Espero que vos sexa de utilidade.
Fonte:Xarxatic