martes, 9 de xuño de 2015

CONTRADICIÓNS

Xa sei que non descubro a pólvora cando digo que as políticas educativas son pouco efectivas cando se alonxan da realidade ou parecen  feitas por persoas que adican a meirande parte do seu tempo a coidar ovellas con pastor eléctrico. Pero o que resulta asombroso é como se dontradín uns aos outros e non pasa nada.
Se tivechedes a oportunidade de ler a LOMCE ( ley Wert para os non iniciados) poidechedes constatar que entre outras cousas positivas e negativas, que se remarca a tendencia a cambiar as metodoloxías tradicionais por outras nas que o alumno pase a ser o protagonista do ensino. Exemplo de ese tipo de metodoloxías son as aprendizaxes baseadas en proxectos (ABP).
Esta idea eu a defendo, a animo e a promociono. Que o alumno, investigue, descobra e cree guiado polo mestre e que aprenda facendo é na miña opinión o obxectivo que debe pretender un sistema educativo.
A contradición da que falo do título aparede cando vemos que na realidade o único que se fomenta e a utilización de libros de texto, a traves de axudas directas ou indirectas, programas como edixgal ( libros de texto electrónicos)... Libros de texto que como comprenderedes non axudan a romper con metodoloxías rancias, pouco efectivas e alonxadas da realidade social. Libros de texto que moitas veces impiden o traballo dos mestres e profesores, xa que aparece o que poderíamos chamar síndrome de acabar o libro. Síndrome que teñen algúns profesionais e que lles impide facer un traballo alternativo porque teñen que rematar o libro que tanto diñeiro costa.
E acontradicción aumenta cando falas con educadores que traballan exclusivamente con metodoloxías cooperativas, de investigación, ABP... e o seu alumnado non recibe nin pode recibir axuda algunha para mercar materiais, libros de consulta, revistas...
A contradición estala cando non hai cartos, gastanse unha porrada  en axudas ou en mercar licencias e logo non temos cartos para un simple microscopio, revista ou outros materiais cos que poder manipular, investigar e traballar. E sobre todo cos que poder APRENDER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario