mércores, 5 de outubro de 2016

DEZ días sen internet no centro.

O meu centro de traballo está situado nunha zona rural, somos un CPI que nos últimos tempos adicamos unha boa parte do noso presuposto a dotar o centro dun equipamento TIC para mellorar o ensino. Si señores, nós somos os que tivemos que mercar ordenadores xa que a Xunta o único que envia é o equipamento abalar.  Porque somos Abalar, 8 aulas abalar. En total uns 300 equipos poden conectarse a nosa rede.  Uns 400 aparellos que temos que manter 2 persoas no centro a cambio de 3 horiñas cada un(creo que na empresa privada cobraríamos algo mais).

Imaxinaredes que temos unha velocidade moi boa, fibra, 200 ou 300 mb, je je. Claro que non, tiramos con 30 mb nos mellor dos casos. Pero... nos últimos DEZ días non temos internet( 0,8 mb).
DEZ días que sen internet, DEZ días coa parte administrativa parada, DEZ días sen poder enviar documentación por vía telemática, DEZ días sen poder utilizar os libros online, DEZ días sen poder traballar parte da programación porque non temos acceso a internet. DEZ días son moi longos, pero para os responsables non o deben ser. Non importa ter un centro parado, non importa facer perder o tempo aos profesionais do ensino, nin aos alumnos, nin as familias. Non importa nada, pero cando nos pidan a documentación van a querela XA.
Nos últimos 10 días a UAC, recibe como mínimo unha chamada diaria de algún membro do equipo directivo, durante eses DEZ días a resposta foi a mesma. Sodes prioridade 1, aviso aos responsables.
A administración sempre nos pide máis aos centros, pero poucas veces loita por nós.
Por certo, os responsables son EMPRESAS PRIVADAS, para os que sempre falan do mal que funcióna o público.


Ningún comentario:

Publicar un comentario