mércores, 1 de marzo de 2017

COMPAÑEIROS

Grazas a unha compañeira estou a ler un libro de César Bona, Las escuelas que cambian el mundo. Totalmente recomendable. É un libro cheo de esperanza, de valor, de unión da comunidade educativa cun obxectivo...A FELICIDADE. A felicidade dos alumnos, dos pais e nais, das familias, dos profesores e do persoal non docente do centro.
Cando les o libro pensas, Por que no meu centro non é así?, como me gustaría estar ahí nalgún dos seus proxectos, un mes, un trimestre, debe ser unha gozo profesional.
Pero hai algunhas cousas comúns en todos os proxectos que César nos presenta no libros. Unha delas son os compañeiros. E diso quero falar hoxe.
Non se pode ensinar sen cooperar, non se pode cooperar sen confianza, non hai confianza sen apego, e non hai apego sen respecto.
Da gusto chegar ao centro e ver sorisos e cando os mestres e mestras chegan cada día cunha idea nova, e si facemos...? poderíamos traballar...?. Cando te atopas cun grupo de xente implicada, cun grupo de xente que ademais de protestar, de sinalar os erros que estamos a cometer no camiño do ensino está disposta a facer algo por mellora. Chegas ao centro con ilusión, contento... feliz. Seguramente esa felicidade se nota nas clases, nas actividades, a notan os alumnos, os pais... en fin o ambiente arrecende a felicidade.
Este aspecto os bos compañeiros son unha das partes mais importantes para mellorar a educación o sistema educativo e para mellorar o mundo. Si MELLORAR O MUNDO escribín. Xa que nos os mestres temos o poder de cambiar o mundo, somos os que educamos aos que van a tomar as decisións dentro de 20 anos. Si os educamos na cooperación, no respecto, no equilibrio das emocións, no coidado do medio ambiente en definitiva si se educan para ser boas persoas e bos coa sociedade, non o dubidedes melloraremos o mundo.
E diso deberíase de dar de conta a administración, fomentar por un lado ese compañerismo e por outra banda premialo. Escoitar aos centros, analizar as súas necesidades de persoal e o tipo de persoal que necesita pode ser un gran paso. Pero tamén se necesita unha apertura de miras por parte do profesorado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario