mércores, 17 de xaneiro de 2018

Tecnoloxía tradicional.

Hoxe, lin nun xornal as maravillosas virtudes que ten traballar cunha tablet  cunha metodoloxía dixital de aprendizaxe. Din os profesores que o probaron que van "mas allá de lo que se va en clase", explican que o alumnado está tan motivados, que fan exercicios a rabiar, sen rechistar e que o profesor cómodamente dende un ordenador pode controlar, que fixeron, os erros cometidos, e moitísimas cousas máis.
Seguro que todo iso é certo, non poño en dúbida. Pero... iso non se facía con libros de texto, fichas e algún que outra actividade nos encerados dixitais ou portátiles? Cal é a diferencia con facer un  "fill in the gaps" de toda a vida ( encher ocos)? iso é ensinar? ou mellor dito, que aprenden os nenos así? 
Si o que nos vai a aportar a tecnoloxía é simplemente trasladar o papel á pantalla dun aparello tirade con ela.
Si, son radical.  Pero que os profesores nos deixemos levar polos cantos de sirena dunha tecnoloxía centrada na aprendizaxe tradicional, decepcióname.
Acaso non debemos ensinar, a ler, resumir, extraer ideas, escribir, creatividade, solucionar problemas, descubrir o mundo que lles rodea, expresarse de múltiples formas e maneiras, falar, escoitar, dialogar, debatir, compartir experiencias e aprendizaxes, aprender entre iguais, buscar información, contrastala, fomentar o espíritu crítico... Eu creo que todo iso non se logra facendo exercicios de unir, encher ocos... se faga en papel e lápis ou nunha tablet pequena, mediana ou grande.
A tecnoloxía nos permite expresarnos, nos permite descubrir, comparar, atopar solucións aos problemas, si a compartimos incluso podemos aprender xuntos, debatir os nosos pensamentos, compartir os descubrimentos... E iso sí é aprendizaxe.
Recoméndovos botar un vistazo ao blog de Manel Rivas http://imaxinante.com/blog/. Poderedes comprobar o verdadeiro poder da tecnoloxía no aprendizaxe.




Ningún comentario:

Publicar un comentario