sábado, 29 de abril de 2017

Que podo facer co centro educativo do meu fillo.

Hoxe estiven nas II xornadas de educación na Estrada: educaEstrada.
Unhas xornadas feitas con moito con tenrura, con cariño, con bos expertos e cerquiña da casa. Todo un caramelo que non podía deixar pasar. Ademais tiña a oportunidade de coñecer entre moitas outras cousas, as experiencias que fan no cole do meu centro, pois segundo o programa hoxe sábado todos os centro do pobo mostraban unha pequena parte do seu traballo.
Non debín asistir, o sábado pola mañán non debín asistir. E por iso agora estou sentado diante do ordendador en vez de estar comendo a bolsa de patacas fritidas que teño no caixón da cociña.
Cóntovos, comezaron as escolas  de infantil, que mostraron unhas experiencias moi acertadas, moi pensadas nos nenos, xa sabedes que son un fan do traballo en infantil, sempre baseados en proxectos, sempre con obxectivos claros, case sempre ben presentados. A continuación aparecen os CEIPs, tamén na mesma liña, experiencias moi pensadas moi traballadas, presentadas con cariño. Pero... pero aparecen as mestras do meu cole, len un documento, voz baixa, rápido, fan unha aclaración graciosa e meten unha fotomontaxe cunha duración de 2 ou 3 minutos se levantan e para casa que xa cumplimos.
Naiciña miña onde metín ao meu neno. Pero que é iso? e que non tiñan un proxecto interesante? e que non o fan? e que non se molestaron nin en preparalo?.
Os nenos deste centro non se merecen iso. Necesitamos un cambio nas metodoloxías, nas filosofías educativas, no traballo, na concepción do ensino. Mais traballo alonxado dos libros de texto.
Pero como  cambio isto? ...
Pola tarde obtiven unha pista... deixa de pensar como mestre e pensa como pai. As ANPA, pais e nais e familias en conxunto temos que esixir o mellor para os nosos nenos, si nos centros do noso arredor o fan, si en Vilanova, en Madrid, en Lugo, en Ribeira ... fan unha educación de calidade, por que non na no cole do meu neno?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario